+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

MONDARIZ, SEDE DA FASE FINAL DO CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO DE FÚTBOL SALA


P. Ruben Burela, F.S, EDM Concello Guitiriz, EDC Celanova e Club Cios Vigo F.S. “A” garantizan un espectáculo deportivo de moi alto nivel no pavillón municipal

O Polideportivo Municipal de Mondariz, acolle o xoves, 17 de maio, dende as 10:30 horas, a fase final do Campionato Galego de Fútbol Sala na categoría de cadete masculino, organizada polo Club Cios e o Concello de Mondariz, nunha xornada na que veciñanza e visitantes poderán gozar dun espectáculo deportivo de moi alto nivel da da categoría dos catro equipos que acadan esta fase final.
Ás 10:30 horas terá lugar a primeira das semifinais que enfrontará ao P. Rubén Burela F.S. e ao E.D.C. Celanova. As 12:45 terá lugar a segunda das semifinais co encontro entre a EDM Concello Guitiriz e o Club Cios Vigo F.S. “A”.
O partido polo terceiro e cuarto posto terá lugar ás 17 horas mentres que a gran final dará comezo ás 19:30 horas.
Doutra banda, e non menos espectacular pola idade dos participantes, será a disputa da ‘Mini Copa Prebenxamín’ que se disputará no formato de ‘liguilla’. As 11:45 horas enfrontaranse os prebenxamíns da E.D.C. Celanova e a EDM Concello Guitiriz, ás 16 horas terá lugar o partido entre E.D.C. Celanova e Club Cios Vigo F.S. e finalmente, ás 18:15 horas o último encontro que enfrontará ao EDM Concello Guitiriz e Club Cios F.S.
O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, agrecedeu ao Club Cios “a súa predisposición para que o noso concello acollera a disputa desta fase final do Campionato Galego de Fútbol Sala cadete” e que vén a ser un recoñecemento, dixo o alcalde, “ao apoio que dende o Goberno local sempre se lle deu ao deporte nas súas máis diversas disciplinas”.
Xoán Carlos Montes quixo tamén facer unha invitación “a todos os veciños e veciñas a que se acheguen ao Polideportivo Municipal para gozar do que será toda unha festa do fútbol sala”. O espectáculo deportivo, rematou o alcalde de Mondariz, “está garantido” xa que os catro equipos participantes amosaron un altísimo nivel de xogo, como o acredita a súa presenza nesta final”.

Deja un comentario