+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Maio de 2018

O CONCELLO PON EN MARCHA DESDE XUÑO UN CURSO DE APLICADOR E MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS


Esta actividade, que ten un custo de matrícula de 50 euros e 9 máis pola expedición do carné, celebrarase se se acadan alomenos 20 inscritos

O Concello de Cerdedo-Cotobade vai celebrar desde o vindeiro mes de xuño un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios que está organizado en colaboración coa Xunta de Galicia e Formagal. Esta actividade formativa de nivel básico é obrigatoria para todas as persoas que adquiran ou empreguen estes produtos, como sulfatos ou biocidas, entre outros, polo que a súa celebración pretende facilitar a súa consecución aos veciños sen ter que desprazarse aos centros de formación doutras localidades.

O Concello ten aberta a inscrición ata o vindeiro 28 de maio e os interesados poden recabar información ou formalizar a súa matrícula a través do teléfono 986 753006. O curso, que conta con validez en todo o territorio nacional, ten un custo de 50 euros en concepto de matrícula e
9,01 euros máis pola expedición obrigatoria do carné. Iso sí, advírtese de que a actividade formativa só se desenvolverá se se acadan alomenos 20 inscritos.

O curso desenvolverase desde o vindeiro mes de xuño na sala multisocial do Centro Cultural de Cerdedo e a formación contempla unha carga lectiva de 25 horas á que deben engadirse dúas horas máis para a realización dunha proba de avaliación.

Deja un comentario