+034 986 09 02 04 Xoves 19 de Xullo de 2018

O CONCELLO DE ARBO, RECIBE O RECOÑECEMENTO DE CONCELLO EMPRENDEDOR.


O concello de Arbo participa no acto de entrega dos diplomas de Concellos Emprendedores, presidido polo Presidente da Xunta de Galicia

 

O pasado 06.02.18 o concello de Arbo asinaba a adhesión, nos termos na mesma recollidos, ao Protocolo “ Concellos Doing Business Galicia” asinado pola FEGAMP e o Presidente da Xunta de Galicia o día 10 de outubro de 2017 co fin de fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia,
A través da adhesión ao referido Convenio, este Concello asume unha serie de compromisos en materia impositiva e na tramitación das licencias urbanísticas e de actividade, co fin de poder beneficiarse das vantaxes recollidas no Protocolo en materia de subvencións e integración do solo industrial no Observatorio de Solo Empresarial creado pola Xunta de Galicia, así como da creación dunha marca territorial asociada á Oficina Doing Business.

Asemesmo no Plenario Ordinario celebrado o día 22.12.17 xa se adoptaron acordos encamiñados a dita adhesión, como a aprobación das ordenanzas fiscais do IBI e IAAEE nas que se contemplan unha serie de bonificacións neste eido e no marco fixado polo Protocolo.

 

Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil,
o proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de implantación para os proxectos de investimento que garantan o emprego, a riqueza, a innovación eo emprendemento, unha matería que dende o Concello de Arbo se esta a traballar.

Deja un comentario