+034 986 09 02 04 Xoves 15 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBA CASE MILLÓN E MEDIO DE EUROS PARA A LIÑA 2 DO PLAN CONCELLOS QUE BENEFICIA A OUTROS 29 MUNICIPIOS DA PROVINCIA


Con estas achegas xa son 40 concellos beneficiados que, en total, reciben 2.219.870,96 euros, o que supón o 55,4% da liña 2 que ascende a preto dos catro millóns de euros

Un total de 29 concellos da provincia serán os beneficiarios das achegas dun 1.446,723 euros, aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos. Esta liña de axudas está destinada a realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo, Agolada beneficiarase de 48.850 euros para gasto corrente novo, unha mostra de artesanía e un campus infantil de fútbol; Arbo 40.815,45 euros para gasto corrente; Baiona recibirá 40.000 euros para o 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta; Barro 33.376,71 euros para a limpeza de pistas, a festa do viño e para o reforzo e reparación de vías municipais; Cambados recibirá 51.508,89 euros para as festas do Nadal, Entroido e Semana Santa e para os actos do día das letras galegas; e Cerdedo-Cotobade 80.500,85 euros para obradoiros, un campo de traballo, actividades culturais e ao aire libre, para festas como o Petote e Cuspedriños e para a Transgalaica.

Amais, Covelo beneficiarase de 24.826,24 euros para a reparación de mantemento exterior e interior do aserradoiro dos Carranos, para actividades culturais e deportivas, para actuacións de dinamización, mostra e impulso de iniciativas do concello e para o vídeo turístico promocional da vila; Cuntis 11.916,68 euros para o programa Habilitas Fogar III; A Estrada recibirá 145.160 euros para a posta en marcha de actividades deportivas e ciclos no rural, para festas como o Año ao Espeto ou do Salmón e para actividades culturais en outono; O Grove 68.958 euros para o subministro de enerxía eléctrica, para actividades culturais e deportivas, para o premio de novela curta Manuel Lueiro Rey así como para o concurso de pintura Ernesto Goday.

A Guarda beneficiarase de 70.800 euros para actividades culturais e deportivas, exposicións, visitas teatralizadas, unha feira de emprego e outra do libro, para material de turismo, para impulsar unha campaña de mobilidade e para a tirada fogos da Festa do Monte;
Lalín 52.695,55 euros para actividades culturais, musicais e deportivas, un programa de cine no rural, obradoiros de robótica para nenos e nenas e para o curso oficial de monitores/as de tempo libre; Mondariz recibirá 18.467,84 euros para probas deportivas e a feira dos oficios artesáns; Moraña 37.576,04 euros para a organización de probas deportivas e festas así como para un programa de atención a persoas con diversidade e obradoiros de prevención da saúde; As Neves beneficiarase de 42.638,98 euros para o obradoiro de “Recuperando a memoria” e as festas do requeixo e mel e do tinto Rías Baixas; Pazos 38.088,97 euros para gasto corrente novo.

Finalmente, Poio recibirá 20.000 euros para un programa educativo e probas deportivas; Ponte Caldelas 38.723,55 euros para actuacións musicais da festa das dores; Pontecesures beneficiarase de 33.868,43 euros para o pago de mensualidades do canon de recollida e saneamento de lixo; Ponteareas 21.000 euros para gasto corrente novo; Redondela recibirá 111.669,37 euros para gasto corrente novo; Ribadumia 20.000 euros para a festa do viño tinto e a programación no auditorio municipal de Santa Baia; O Rosal beneficiarase de 31.877,33 euros para gasto corrente novo, así como para organizar o campamento de verán e a mostra da camelia e festas como a do Pilar, a do mirabel e a do cabaqueiro; Silleda 71.934,93 euros para gasto corrente novo; Soutomaior recibirá 51.639,70 euros para o pago de facturas de recollida de lixo; Tui 44.577,61 euros para gasto corrente novo; e Vilagarcía de Arousa beneficiarase de 47.500 euros para o proxecto Actívate e Contigo en familia, para o Combate naval, o Tecnoverán 2018 e gasto corrente novo

Con esta achega son xa 40 os concellos beneficiados por esta iniciativa que, en total, reciben 2.219.870,96, o que supón o 55,4% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.

Deja un comentario