+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

O ESCRITOR ANTÓN RIVEIRO COELLO VISITA O LUNS O CLUB DE LECTURA DA AXENCIA DE LECTURA DE MEIRO


A actividade, que será de acceso libre, terá lugar o 21 de maio a partir das 20.00 h
O escritor Antón Riveiro Coello visitará o próximo luns, 21 de maio, a Axencia de Lectura de Meiro para conversar sobre o seu libro Laura no deserto. Este acto, que terá lugar ás 20.00 horas, forma parte das reunións mensuais que convocan os e as participantes do club de lectura e que están abertas ao público.
A novela de Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor consegue artellar una historia na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria.
O autor, natural de Xinzo de Limia, mereceu varios premios con esta novela, que tamén ten tradución ao castelán, como o Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da Asociación de Escritores en Lengua Galega, Premio Frei Martín Sarmiento e Finalista no Premio de Novela Europea.

Deja un comentario