+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

A ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL LAMPREBIKE DE ARBO, FAI A PRESENTACIÓN OFICIAL DO EQUIPO E O SEU EQUIPAXE


A Asociación Deportiva e Cultual LampreBike de Arbo, presentaba o pasado domingo 13 de maio nas famosas PEsqueiras do Rio Miño e en presencia do Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil, a equipación, a directiva e os componentes do equipo.

A Asociación LimpreBike, nacia aproximadament hai dous anos, cando uns vecinos do Concello de Arbo constituían unha asociación sen animo de lucro para fomentar, coordinar e encauzar a amizade e ás iniciativas entre os integrantes da mesma, para fomentar a práctica deportiva do ciclismo de montaña e as actividades deportivas relacionadas con dito exercizo, asi como para promocionar e divulgar a idea do exercizo físico e deporte en xeral, para promocionar a bicicleta como medio de transporte sostible entre outros fins.

A Asociación LimpreBike, colabora co Concello de Arbo na organización da Marcha BTT que ten lugar no mes de Abril para promocionar a Festa da Lamprea, os lugares da zona xeografica de Arbo e para que poidan disfturar desta marcha e a súa riqueza paisaxistica, a súa flora e fauna, trasmitindo dende o Concello e a Asociación os valores relacionados coa conservación e respecto ao medio ambiente.

Deja un comentario