+034 986 09 02 04 Sábado 11 de Xullo de 2020

O PROGRAMA CALDELAS VIAXA PASA POLA VILA MEDIEVAL DE VILANOVA DOS INFANTES E POLAS TERMAS DE OURENSE


Máis de 150 persoas participaron na segunda saída do programa

O programa “Caldelas Viaxa” cumpriu este xoves coa segunda saída do ano. Unha excursión á provincia de Ourense na que participaron máis de 150 veciños e que tivo paradas en Vilanova dos Infantes, para asistir á Festa da Raigame, e na capital da provincia, onde se visitou a fonte das Burgas e as Termas de Outariz.
O Goberno local, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, desenvolve este programa dende hai tres anos co obxectivo de dinamizar a vida municipal da veciñanza, especialmente das persoas de máis idade, e os resultados non poden ser mellores. Como é habitual, o alcalde, Andrés Díaz, acompañou á expedición.
A xornada comezou cunha saída ben cedo para estar ao mediodía en Vilanova dos Infantes. Alí houbo ocasión de visitar a vila medieval, participar na Festa da Raigame e admirar os seus monumentos, entre eles a torre, a igrexa e o conxunto de hórreos de madeira.
Despois da parada para comer houbo parada en Ourense onde se visitou a fonte das Burgas e tamén o complexo das Termas de Outariz, que despertou moito interese entre a veciñanza dada a tradición balnearia de Ponte Caldelas.

Deja un comentario