+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

O C.C PONTEAREAS GAÑA O CAMPIONATO GALEGO DE CONTRARELOXO INDIVIDUAL


 

Este Xoves 17 de Maio disputouse en Cerceda, o Campionato Galego de Contrareloxo Individual, onde o Club Ciclista Ponteareas desplazou aos componentes das categorías Cadete e Xuvenil, sumando case 15 corredores.
Brais Gomez Cima, impúxose sobre os demais, logrando así ser o Campión Galego de CRI 2018
Tamén o Xuvenil Adrián Giraldez, conseguia subir o pódium, no terceiro posto, conseguindo que o pódium do Campionato Galego estivese na sua maioria de naranxa, que son os colores representativos do Clube.
En Cadetes Manuel Rodriguez, logrou ser o Subcampión Galego na sua categoría.
Tamén Borja Gomez participou no que él denomina o “Tour de Francia”, xa que levaba esperando moito tempo poder disputar este Campionato.
Para o Clube estes son os resultados dun traballo por parte de todos, Directiva, Director Deportivo e Corredores, todos eles están dando o máximo de sí mesmos para lograr que o Clube volva a ser un referente a nivel nacional.
O seu Presidente Marcos Porto, manifestanos o orgullo de todo o Clube porque estes rapaces logren os seus maiores desafíos e dín que a tempada solamente acaba de comezar, co cal debemos estar a espera dos logros que nos deparará o CC Ponteareas.

Deja un comentario