+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

A FESTA DA LAMPREA CONSIDERADA ENTRE As DEZ MELLORES FESTAS E CELEBRACIÓNS ESPAÑA NA PRIMAVERA DE 2018


O portal Vacacional Niumba selecciona entre as dez mellores festas e celebracións de España á Festa da Lamprea
“Arbo localidade de Galicia, onde a primavera chega ao son de gaitas e en forma de Lamprea. A súa pesca é moi popular na zona e durante tres días, a finais de abril, degústanse os diferentes pratos a base do peixe; os arbenses acompáñanos con viños da rexión. Hai un lugar para ti na mesa!!!” Asi relata Niumba a súa experiencia na Festa Gastronómica por excelencia durante a primavera nas Rías Baixas.
Segundo este portal vacacional propiedade de Tripadvisor, a web de viaxes máis importante do mundo, a Festa da Lamprea, está entre as dez festas máis valoradas de España.

O alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil, quere mostrar a súa enorme satisfacción por este recoñecemento, así como por todos os artigos, blogues, recensións, mencións e reportaxes que demostran o interese que este manxar do Miño e a súa celebración espertan en todos os medios de prensa, plataformas dixitais e foros de opinión especializados. Esta enorme repercusión mediática aumenta ano tras ano e permite que Arbo consolídese como Capital Mundial da Lamprea e a nosa exclusiva gastronomía, froito das mans sabias dos nosos cociñeiros e cociñeiras, xunto cos nosos excepcionais viños, a nosa contorna, e sobre todo, a hospitalidade das nosas xentes, sexan cada vez máis coñecidas, apreciadas e valoradas como destino turístico diferenciado e de calidade.

Deja un comentario