+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA ACHEGAS POR VALOR DE 90.000 EUROS PARA CINCO CONCELLOS DA PROVINCIA


Barro, Cuntis, Gondomar, O Grove e A Guarda recibirán preto de 90.000 euros no marco da liña 2 do Plan Concellos para afrontar gasto corrente novo e impulsar programas deportivos e culturais, así como campañas de promoción do comercio

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 89.643,70 euros para cinco concellos da provincia no marco da liña 2 do Plan Concellos. Máis polo miúdo, os concellos que forman parte desta relación aprobada polo goberno provincial son Barro, Cuntis, Gondomar, O Grove e A Guarda que poderán afrontar gasto corrente novo e impulsar iniciativas relacionadas coa cultura, a promoción do comercio e o deporte.

Carmela Silva informou que Barro beneficiarase de achegas por valor de 5.553,90 euros para gasto corrente novo. Tamén para gasto corrente novo irán destinados os 17.016,45 euros que a Deputación de Pontevedra aprobou para Cuntis e os 1.000 euros para O Grove no marco da liña 2 do Plan Concellos. Pola súa banda, e tal e como explicou a presidenta provincial, Gondomar recibirá 62.030,62 euros para a III Gala do Deporte, para a organización do Gondoverán, para o XVIII Memorial Manuel Barros e para afrontar gasto corrente novo. No caso da Guarda, o concello beneficiarase de achegas por valor de 4.4042,73 euros da Deputación de Pontevedra a través das cales vai promover unha campaña de dinamización do comercio local.

Con esta nova relación, xa son 41 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 2.309.514,66 euros o que supón o 57,6% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.

Deja un comentario