+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Xullo de 2018

COMEZA O OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL PARA MULLERES


O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu organiza un obradoiro de Orientación laboral de seis horas de duración, que está sendo impartido pola psicóloga do CIM, e no que participan sete mulleres do Concello de Bueu que aprenderán a mellorar ás súas competencias á hora de realizar unha busca de emprego máis efectiva. Entre os contidos que se van tratar están a redacción dunha carta de presentación e a elaboración dun currículum, así como o adestramento axeitado para a preparación de entrevistas na selección de persoal.
Os obradoiros inauguráronse este xoves 24 de maio e continuarán o 31, e o 7,14,21 e 28 de xuño nas dependencias do CIM entre as 10 e as 11 horas da mañá.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través do correo electrónico psicologacim@concellodebueu.gal ou no teléfono 986 32 43 95.
Este curso enmárcase no fomento de políticas activas para as mulleres coas que así loitar contra a violencia de xénero e a desigualdade. Por iso, o pasado ano máis dun cento de mulleres participaron no obradoiro de autoestima no que se traballaron técnicas para afrontar os pensamentos negativos e a creación dun discurso sobre a propia valoración persoal.

Deja un comentario