+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA TRASLADA ESTE VENRES A TUI AO SEU PERSOAL DE SERVICIOS SOCIAIS PARA DAR COBERTURA ÁS FAMILIAS AFECTADAS POLA EXPLOSIÓN


A presidenta Carmela Silva agradeceu expresamente ao persoal da institución provincial a súa dispoñibilidade para axudar a paliar a traxedia que vive o concello tudense

A presidenta provincial, Carmela Silva, decidiu  o traslado este venres ao concello de Tui de seis persoas traballadoras sociais da Deputación de Pontevedra, cinco mulleres e un home, para dar cobertura ás familias afectadas pola explosión do almacén de pirotecnia de Paramos e colaborar cos medios municipais de asistencia social na atención as vítimas.

Silva agradeceu expresamente a todos os traballadores e traballadoras sociais da Deputación a súa dispoñibilidade, porque todos se ofreceron de forma voluntaria para desprazarse ao concello do Baixo Miño, a fin de axudar a coordinar a atención ás demandas das persoas afectadas. As seis persoas, que pertencen ós departamentos de Cohesión Social, Igualdade e Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra, sairán as 8 da mañá deste venres hacia Tui para incorporarse ao servizo e poñerse a disposición da única traballadora social do Concello e repartir o traballo.

Amais, o departamento de Novas Tecnoloxías enviará este venres ao concello de Tui o material técnico e medios informáticos necesarios para dar cobertura 4G e móbil á zona e os vehículos e a maquinaria precisa. Carmela Silva insistiu en que o goberno da Deputación “porá todos os medios e persoal necesario porque estamos ante unha situación terrible na que as axudas teñen que chegar o antes posible. É moi importante, engadiu, que persoas que perderon absolutamente todo sintan e saiban que estamos con elas para o que precisen”

Deja un comentario