+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

PREVENCIÓN DA PRAGA DE VESPA VELUTINA EN ARBO


O Cocello De Arbo esta realizando unha campaña para a prevención da Praga de Vespa Velutina en Arbo, entregando 100 trampas para velutinas entre os apicultores e os vecinos e veciñas de Arbo que así manifestaron a súa preocupación ante os acontecementos ocurridos nos últimos tempos.

As trampas foron colocadas polos colaboradores, en lugares estratexicos por distintos barrios das parroquias do Concello de Arbo.

O Concello de Arbo, e no seu nome o Alcalde Horacio Gil, quere agradecer a todos os participantes nesta campaña, pola labor desenvolvida e que seguen a desenvolver ata o momento, destacando que entre todos pódese contribuir a que o Concello Arbo avance en todas áreas posibles.

Deja un comentario