+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

UNHA XORNADA PARA COÑECER A VINCULACIÓN DE JOHÁN DE CANGAS CON SAN MAMEDE DO MAR


O acto terá lugar o vindeiro sábado ás 21.00 horas no Centro Social do Mar
A Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta e o Concello de Bueu, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organizan o sábado 26 de maio, ás 21.00 h no Centro Social do Mar, unha xornada dedicada a Johán de Cangas e a súa vinculación coa capela de San Mamede do Mar, ou Sanamedio como é recoñecida en Bueu, sobre a que compuxo tres cantigas de amigo.
Co obxectivo de poñer en valor a súa figura, o profesor Xerardo Dasairas impartirá unha conferencia titulada “Orixe e relación de Johán de Cangas con San Mamede do Mar”, que estará acompañada da música da Coral Polifónica de Bueu, cuxos integrantes interpretarán as cantigas de Martín Códax recollidas no Pergamiño Vindel. Así mesmo, a directora da agrupación, Rosa Cerviño Loira, cantará en solitario una das cantigas de Johán de Cangas dedicadas a San Mamede.

Deja un comentario