+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

A UN MES PARA A SÚA CELEBRACIÓN A FEIRA FORESTAL GALIFOREST ABANCA SUPERA XA NUN 10,7% O NÚMERO DE EXPOSITORES DA PASADA EDICIÓN


O MONOGRÁFICO TAMÉN AUMENTOU ATA O DE AGORA UN 5% A SÚA SUPERFICIE RESPECTO Á SÚA ANTERIOR CONVOCATORIA

A Feira Internacional de Galicia ABANCA segue a traballar intensamente na organización da quinta edición do seu monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 28 ao 30 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

En canto ao número de expositores directos, a un mes para a celebración da feira e coa xestión comercial a pleno rendemento, conta xa con 62 empresas confirmadas, un 10,7% máis respecto a cifra final da pasada edición (celebrada do 30 de xuño ao 2 de xullo de 2016), cando foran 56.

Estas entidades, entre as que se encontran moitas das máis importantes do sector, ocupan unha superficie de 10.100 metros cadrados, un 5,4% máis de espazo que o contratado na anterior convocatoria, xa que entón foran 9.578 metros cadrados.

Estas cifras, que con seguridade se incrementarán nos vindeiros días ao estar pechándose a participación doutras empresas, demostra o respaldo do sector a este monográfico e a súa consolidación como espazo de referencia. Así mesmo, reflexan a importante evolución deste monográfico tanto en superficie como en expositores, os cales non paran de medrar nas últimas edicións.

Programa de actividades

De forma paralela a esta exposición o certame ofrecerá un atractivo programa de actividades, tanto dirixidas a profesionais como a outro tipo de públicos, entre eles os estudantes relacionados co sector.

Esta programación, que reforzarán o carácter do monográfico como foro de coñecemento e debate, está a ser deseñado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA e o comité do certame, presidido pola Xunta de Galicia e composto por importantes empresas e colectivos sectoriais.

Deja un comentario