+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA NOVAS ACHEGAS POR VALOR DE PRETO DE DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA DEZ CONCELLOS DA PROVINCIA AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS


A Deputación de Pontevedra financia diversos proxectos de acondicionamento e reforma de vías públicas, parques e centros socioculturais e deportivos na provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dez novas achegas para os concellos de Arbo, Campo Lameiro, A Cañiza, Forcarei, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Ponte Caldelas, Porriño e Rodeiro, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”. Estes investimentos supoñen un total de 1.855.216’16 euros.

Así, a institución provincial destina ao concello de Arbo 69.927,48 euros para o acondicionamento da estrada E.P. 5003 en A Lomba.

Pola súa banda, o concello de Campo Lameiro recibe por parte da Deputación 72.201 € para varias actuacións nas vías públicas de Gargallóns 1, Gargallóns 2, Gargallóns 3, punto limpo e parque infantil Castriño.

No caso de A Cañiza, a Institución achega un total de 76.643 euros para o proxecto de urbanización do parque central do concello.

Así mesmo, a Deputación destina 78.000 euros ao concello de Forcarei para a execución da reforma do albergue para un ximnasio.

Tamén o concello de Gondomar recibe un importe de 159.764 euros para levar a cabo o proxecto de reforma da praza de A Paradela e a súa contorna.

Deste mesmo modo, a institución provincial achega a O Grove un total de 418.000 euros para a execución do proxecto auditorio e escola de música.

Seguindo nesta liña, o concello de Illa de Arousa tamén obtén unha subvención con valor de 615.680,29 euros para levar a cabo a rehabilitación das vivendas nº 1, 3 e 5 da rúa Marqués de Bradomín para equipamentos socioculturais.

Ademais, a Deputación de Pontevedra destina 76.424,69 euros a Ponte Caldelas para o proxecto de humanización da Praza de España e do primeiro tramo da Avenida de Vigo.

Por outra banda, o concello de Porriño recibe por parte da institución provincial un total de 200.000 euros para a execución do módulo de atletismo.

E xa por último, a Deputación achega 88.575,70 euros ao concello de Rodeiro para levar a cabo a mellora do pavillón polideportivo e ximnasio municipais e a súa adaptación á normativa vixente.

 

Deja un comentario