+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA CLAUSURA AS DEPORTE ESCOLAS DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN NO CAMPO DO CORUXO


A Presidente xunto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregaron medallas para todos os participantes no torneo co que pecharon as escolas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausuraron  as DeporteEscolas de fútbol da institución provincial no campo do Coruxo. Silva e Caballero entregaron unha medalla a cada un dos rapaces e rapazas que participaron no torneo que se disputou hoxe no campo do Coruxo co que se dan por finalizadas as escolas.

A Presidenta da Deputación aproveitou a súa presenza no campo do Vao en Vigo para felicitar ao Coruxo CF por manter a permanencia na segunda división B, acadada tras o partido celebrado onte no mesmo campo. Acto seguido, e tras felicitar a todos os rapaces e rapazas polos resultados acadados no torneo de clausura das DeporteEscolas animoulles a seguir coa práctica deportiva e procedeu xunto o alcalde vigués a entregarlles a cada un unha medalla de recordo.

As DeporteEscolas de fútbol da Deputación reuniron na súa edición de este ano a preto de mil nenos e nenas de entre cinco a doce anos de vinte seis concellos da provincia. Algunhas delas foron xa clausuradas con anterioridade pero no torneo xogado hoxe no campo do Coruxo participaron as escolas dos concellos de Vigo, Mos, Porriño, A Guarda, Baiona, Oía, Ponteareas e Nigrán. Hoxe dende as 10,30 disputáronse un total de trinta partidos entre as distintas DeporteEscolas nas que participaron preto de 500 rapaces e rapazas.

Deja un comentario