+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Setembro de 2020

OS PILOTOS NARCÍS ROCA E ÁNGEL CAMPOS SORPRENDERÁN COS SEUS NOVOS ESPECTÁCULOS DE FREESTYLE NA FEIRA ABANCA SEMANA VERDE


SERÁ A PRIMEIRA VEZ QUE PARTICIPEN NO CERTAME E NAS SÚAS EXHIBICIÓNS, O 9 E 10 DE XUÑO, EMPREGARÁN NUMEROSAS MOTOS E OUTROS VEHÍCULOS PARA FACER ACROBACIAS INCRIBLES

A 41ª Feira Internacional Abanca semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 7 ao 10 de xuño, contará no seu programa con dous novidosos espectáculos de freestyle realizados por sendo pilotos que participarán por primeira vez no certame.

O primeiro deles será levado a cabo polo catalán Narcís Roca, piloto oficial de BMW Motorrad España. Será o sábado 9 de xuño, con dúas exhibicións en horario de 13.00h e 17.00 horas. Levará a cabo o seu novo Narcís Roca Stunt Show, no cal realizará multitude de acrobacias cun quad, un monociclo e distintas motos, como a BMW F800R, a nova BMW G310R, unha BMW sen orquilla, unha moto voltereta e unha moto drifting.

Nalgúns momentos do show, que durará en torno a unha hora, empregará rampas de salto e zapatos de ferro cos que fai lume ao conto co chan. Ademais, realizará parte do espectáculo sen a roda dianteira dalgunha das motos, sendo o único de España e un dos poucos do mundo que o fai.

Narcís Roca, que anteriormente foi piloto de motocross, ten participado en distintos campionatos do mundo e de Europa de freestyle con moi bos resultados. Ademais, é especialista en escenas de risco en cine e publicidade.

O segundo dos espectáculos terá lugar o domingo 10 de xuño, ás 13.00h e ás 18.00h, e será a cargo do piloto Ángel Campos. Na súa exhibición de motociclismo stunt poderanse ver durante uns 50 minutos gran diversidade de acrobacias coreografiadas.

Os vehículos cos que sorprenderá serán as motos Harley Davidson Sportster 1200, Honda CBR 600 RR, Kawasaki ZX-6R e Suzuki RMZ 250, ademais dun quad LTR 450 e un speed car, un coche monoplaza co motor dunha moto.

Circuítos de quads e 4×4
Tamén relacionado co mundo do motor, o programa da feira incluirá circuítos de quads, buguies, karts e 4×4. Xa na zona expositiva o certame incorpora este ano unha área de vehículos de ocasión na que se mostrarán sobre 200 turismos, furgonetas, todoterreos e cabezas tractoras de camións.

Deja un comentario