+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

Petelos celebra as Festas de San Amaro e San Vicente


Os actos centrais terán lugar o domingo 18 de xaneiro

A parroquia mosense de Petelos celebra as Festas na Honra de San Amaro e San Vicente 2015. O domingo 18 de xaneiro, a partir das 08.00 horas, o salva de bombas anunciará o comezo das festas; e tamén pola mañá, haberá un pasarrúas e concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso. Ás 12.30 horas oficiarase a Misa Solemne e, a partir das 18.30 horas, dará comezo a verbena amenizada musicalmente pola orquestra Marbella.

O recinto de festas estará cuberto cunha gran carpa.

Os actos relixiosos comezarán o vindeiro xoves, día 15 de xaneiro, cunha Misa por San Amaro ás 18.30 horas. O sábado 17 de xaneiro, Misa polos fieis difuntos da parroquia, tamén ás 18.30 horas. O domingo 18 de xaneiro ás 12.30 horas oficiarase a Misa Solemne cantada polo Coro das Escravas da Virxe Dolorosa, seguida de procesión e con subasta de doacións ó Santo. E por último, o xoves 22 de xaneiro, celebrarase unha Misa por San Vicente ás 18.30 horas.

Deja un comentario