+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

O CLUB CICLISTA PONTEAREAS NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR


O 17 de Xuño celebrase no Concello de Ribadedeva o Memorial Jose Luis Junco, unha das probas da Copa de España Junior de Carretera
O Club Ciclista Occidental de Cantabria, organizador da proba, acaba de confirmar a participación do Club Ciclista Ponteareas.
Con esta proba o Club Ciclista Ponteareas, volve a disputar probas a nivel nacional co seu equipo de Xuvenis, como noutras épocas nas que o Club Ciclista Ponteareas era nomeado con medo polo nivel dos seus corredores.
Aparte desta proba o Club continua coa sua participación todalas fins de semana, en probas de Minibtt, Carretera escolas-Cadetes-Xuvenis e XCO.
O nivel dos corredores deste Club vese cada fin de semana, nos pódiums que en cada proba conseguen, sendo habitual xa velos en todalas probas en postos de pódium.
Fruto de todo este traballo que hai detrás é polo que este Clube non deixa de deixarnos abraiados, tanto cos logros deportivos, coma con logros sociais, conseguindo que nenos con capacidades diferentes se animen a practicar un deporte coma o ciclismo.

Deja un comentario