+034 986 09 02 04 Venres 19 de Outubro de 2018

FÁTIMA ABAL ACHEGA O GOLF AOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS


No día de onte a alcaldesa Fátima Abal gozou en compañía de veciños e veciñas de Cambados dunha xornada lúdica no campo de golf Monte Castrove. O acto en si consistiu en dar a coñecer un deporte que a maioría das persoas cre que é demasiado elitista e pouco coñecido, e a realidade é totalmente distinta, como comprobaron os 60 invitados que este día 2 gozaron e coñeceron as instalacións deste campo de golf, que temos tan próximo a Cambados, e do cal formamos parte do padroado Fundación Monte Castrove. A alcaldesa agradece o poder colaborar co club de golf Chan do Fento que xestiona o campo nestes momentos. Fátima Abal sentiuse moi contenta por compartir este día en compañía das familias que se achegaron a recibir o bautismo neste deporte, e ter un primeiro contacto nun día espléndido, en que o tempo acompañou aos xogadores en todo momento.

Non obstante as actividades vinculadas ao golf continuasen este martes día 5 onde Fátima Abal no seu compromiso coa súa eterna reivindicación do papel da muller na sociedade organizou este acto para que todo o mundo poida comprobar que a muller tamén ten un gran futuro neste deporte de marcado carácter masculino, o cal cre Fátima Abal reforzase a autoestima da muller e isto axudará á loita contra a violencia de xénero e lembra que a día de hoxe xa contamos en España con mulleres moi novas que son campioas neste deporte como é o caso da mallorquina Nuria Iturrios por nomear a algunha.

“Isto proba que a muller non ten máis limitación que a que ela mesma márcase.”

Deja un comentario