+034 986 09 02 04 Martes 13 de Novembro de 2018

A 41ª FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA INTENSIFICA O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES CANINAS


CENTRARANSE NOS DÍAS 9 E 10 DE XUÑO, DÚAS ÚLTIMAS XORNADAS DO CERTAME, E CONTARÁN COA PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 400 CANS

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia intensifica na súa 41ª edición o programa de actividades caninas do certame, o cal incluirá interesantes novidades e contará coa participación de máis de 400 cans.

Así, os cans serán protagonistas de propostas moi variadas. Disputaranse dúas probas oficiais da Liga Autonómica de Agility (axilidade canina), competindo nunhas delas polo V Trofeo Semana Verde, e tamén se levará a cabo unha exhibición da Unidad Cinológica do Tercio Norte de Infantería de Marina.

Por outra banda, a feira acollerá o XV Concurso Nacional Canino, de beleza, que contará cunha participación que superará os 150 exemplares de gran diversidade de razas e procedentes de distintos puntos de Galicia e España.

Ademais, por primeira vez celebrarase unha exhibición de Dog Frisbee, consistentes en que os cans collan no aire un disco que polas súas características flota de maneira particular e converte a captura do can en algo espectacular, con divertidos saltos e acrobacias.

Tamén como novidades levaranse a cabo unha exhibición de cans da raza Rottweiler e, no marco da feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca), o I Concurso Monográfico da Asociación Española de Grifón Vendeano e Nivernés.

A estas actividades, organizadas na súa maioría pola Sociedade Canina Galega, sumarase tamén en Fecap Abanca a Exposición de Criadores de Élite de Cans de Caza de Galicia. Nela 12 criadores de distintos puntos da Comunidade mostrarán exemplares campións das distintas probas deportivas realizadas pola Federación Galega de Caza, a cal desenvolve esta Exposición.

Can de Palleiro
Esta raza autóctona contará cun amplo programa no marco da feira. Destacarán os concursos, como a última proba puntuable para o Trofeo Can de Palleiro 2018 e “Mira que listo é o meu can”, que consistirá en que os propietarios amosen o que son capaces de facer cos seus cans. Así mesmo, realizarase una Masterclass dirixida especialmente a niños que se centrará na relación con cans que non coñecemos e na educación básica dunha mascota.

Deja un comentario