+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

XXX TORNEO DE FÚTBOL SALA “VILA DE ARBO”


O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza un ano máis o Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”
O Torneo é totalmente amateur e terá lugar no pavillón municipal de Deportes de Arbo.
A duración do torneo será en función dos equipos inscritos, xogandose a final o sábado 28 de xullo de 2018
O prazo de inscrición remata o venres día 22 de xuño de 2018, ás 14:00 horas ou unha vez están cubertas as 24 prazas de equipos inscritos.
A presentación e sorteo terá lugar o sábado 23 de xuño de 2018 ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Arbo.
O prezo de inscrición e de 75 € por equipo.
As inscricións realizaranse no modelo facilitado polo Concello de Arbo, recheando o formulario e enviando o enderezo electrónico da persoa responsable. Unha vez enviado recibirase confirmación de alta e terá un prazo de 36 horas para efectuar o pago da inscrición no numero de conta indicado no formulario.
Máis información no E-mail: deportes.concellodearbo@gmail.com
Os premios que se doaran son os seguintes.

1º clasificado 1.100 € + trofeo
2º clasificado 600 € + trofeo
3º clasificado 300 € + trofeo
4º clasificado 200 € + trofeo
5º, 6º, 7º, 8º clasificado trofeo
Deportividade 100 € + trofeo
Trofeo o equipo menos goleado trofeo
Trofeo o xogador máximo goleador trofeo

Deja un comentario