+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA NOVOS INVESTIMENTOS POR MÁIS DE 350.000 EUROS PARA OUTROS CATRO CONCELLOS DA PROVINCIA


A Xunta de Goberno aprobou achegas, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos, para Arbo, Caldas de Reis, Baiona e Poio

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar catro novas achegas para os concellos de Arbo, Caldas de Reis, Baiona e Poio, ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2018, por un total de 351.963,15 euros.

Así, Arbo recibirá da Deputación de Pontevedra unha achega de 62.718,50 euros cos que poderá financiar o investimento para a ampliación da rede de saneamento en Urzal e Cividá. Tal e como informou Carmela Silva en rolda de prensa, “con esta achega, Arbo xa ten recibido 428.562,22 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 58,34% do plan provincial”.

Pola súa banda, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou para Caldas de Reis unha achega de 198.515,60 euros cos que poderá financiar a execución do proxecto de edificación para a Escola de Música, Escola Taller e outros usos municipais. Con esta achega, Caldas de Reis recibiu xa 710.619,74 euros do Plan Concellos 2018, o 58,4% do Plan.

Para Baiona, a Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 67.349,52 euros cos que poderá financiar o investimento do equipamento de hidroterapia na antiga cetárea de Monte Boi. Deste xeito, Baiona xa ten recibido 1.225.139,35 euros do Plan Concellos 2018, isto supón o 77,4%.

Por último, Poio recibirá unha achega de 23.379,53 para a estabilización do muro de contención da estrada e continuación do paseo litoral de Campelo. Con este investimento, Poio xa recibiu 1.036.971,49 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 58,24%.

Este ano a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Deja un comentario