+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA SINALA QUE OS DATOS DO DESEMPREGO DE MAIO INCIDEN NA PRECARIEDADE E MANIFESTA A SÚA PREOCUPACIÓN PORQUE O DESCENSO DO PARO É UN 26% MENOR QUE EN MAIO DE 2017


A Presidenta da Deputación de Pontevedra subliña que a provincia é a que máis desemprego ten de toda Galicia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou que os datos do desemprego do mes de maio, coñecidos esta mañá inciden moito máis na temporalidade e na precariedade do emprego. Silva considerou ademais que tendo en conta o dato interanual do desemprego en maio de 2017 e maio de 2018 “foi máis complicado encontrar emprego xa que en maio de 2017 saíron das listas 111.908 persoas mentres que en 2018 foron só 83.738 persoas. Polo tanto isto supón que un 26% menos de persoas deixaron as listas do desemprego este ano. Isto ten que preocupar”.

A este respecto, a Presidenta da Deputación tamén destacou que o sector da hostalaría e os contratos a tempo parcial, con o 81% dos contratos en maio de 2018, son a característica principal do tipo de emprego que estamos a producir no noso país. “Unha vez máis -seguiu a Presidenta- teño que mostrar a miña preocupación porque outros sectores tan importantes como a industria non estea aportando datos positivos. Os datos positivos simplemente os está aportando de xeito conxuntural a hostalería”.

No análise feito por Silva dos datos coñecidos esta mañá subliñou que só un 9,72% dos contratos realizados en maio son indefinidos e, incluso, son un punto por debaixo do que rexistrouse no pasado mes de abril “é un dato moi preocupante, porque estamos a profundizar na precariedade que sigue a ser o cualificativo do emprego que se crea no Estado, en Galicia e na provincia”.

Silva tamén chamou a atención de que a provincia de Pontevedra segue a ocupar o primeiro posto en Galicia por número de desempregados, supoñendo o 40% do desemprego total da comunidade autónoma. “O 93% dos contratos da provincia seguen sendo a tempo parcial e demostran que o sector de servizos supón case que o 52 por cento dos contratos feitos en Pontevedra”. Por último, Carmela Silva considerou que con estes datos “non podemos estar contentos porque o emprego que crease segue a ser de baixa calidade e baseado na temporalidade e na precariedade”.

Deja un comentario