+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

O SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE BAIONA ACOLLEU UN DIVERTIDO PLENO INFANTIL


O salón de plenos municipal acolleu este luns un pleno infantil no que participaron 45 alumnos do curso de 5º e 6º de Primaria do C.E. P. Sabarís. O alcalde, Anxo Rodal, e a Concelleira de Educación, Beatriz González, deron a benvida ao alumnado ás dependencias municipais e explicáronlles o funcionamento dunha sesión plenaria.

Os nenos e nenas do C.E. P. Sabarís elixiron a un alumno como Alcalde e a outros compañeiros como representantes da oposición para logo cada un deles elixir os membros do seu equipo. Tamén nomearon a unha secretaria e a unha interventora para levar a cabo un pleno real entre eles. O resto de alumnado xogou o papel de público.

O alumno/alcalde elevou unha proposta a este peculiar pleno infantil e o resto de nenas e nenos que formaban parte da corporación expuxeron os seus argumentos a favor e en contra.

Finalizadas as intervencións, Rodal e González felicitaron aos nenos e nenas polo bo traballo realizado, pero, sobre todo, quixeron mostrar a súa satisfacción ante o talente e a capacidade de dialogo do alumnado. Tamén neste sentido, a concelleira de Educación dixo sentirse “emocionado pola claridade de ideas que mostrastes sobre temas relativos á educación e ao voso centro de estudos”.

A última parte do pleno foi para as preguntas onde novamente os pequenos deron renda solta á súa imaxinación.

O obxectivo desta actividade coordinada pola Concellería de Educación e a dirección do centro é que, ademais de mostrar as dependencias municipais, con esta actividade os escolares familiarízanse dunha maneira divertida coa política municipal, que é a que máis lles pode afectar.

O alcalde e a Concelleira de Educación asistiron ao pleno e afirmaron estar moi atentos as propostas, aínda que moitas delas eran moi “ fantasiosas”.

Ao longo do mes de xuño o Concello recibirán a máis alumnado dos diferentes centros de educación primaria de Baiona. Outros centros deixaron para o mes de outubro esta bonita actividade coordinada entre a Concellería de Educación e a dirección dos centros de educación primaria.

Deja un comentario