+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O PP PREGUNTARÁ SOBRE A INSTALACIÓN DUNHA TERRAZA ENRIBA DOS XARDINS DO PARQUE DA PERILLANA


 

Estes días recibíronse multitude de queixas por parte dos veciños da zona de A Perillana porque se levantaron un día e enriba dos xardins que están no Parque de A Perillana, aparecía instalada a terraza dunha cafetería da zona.

Segundo información facilitada polo oficial da Policía, existe autorización á instalación desa Terraza no lugar no que está, por parte da Tenente Alcalde, Chus Garrote, cousa que parece sorprendente porque ante a denuncia feita polos propios veciños o Sr Alcalde, presuntamente díxolles que non é posible que teña autorización.

Dende o Partido Popular presentaremos un escrito no Concello para que se nos aclare si existe ou non autorización para a instalación desa Terraza, e quen a concedeu, porque a ordenanza municipal que está en vigor en ningún caso contempla a posibilidade de instalación de mesas e sillas enriba do cesped dos diferentes xardins municipais.

Parécenos unha irresponsabilidade enorme que por parte dalgún membro do goberno se autorizase a colocación de mesas e sillas enriba dun xardin, dañando o cesped e tirando pola borda o pouco mantemento que xa está facendo o Goberno munipal dos xardins en xeral.

Tamén o PP pedirá que se explique, no caso de que non haia autorización, como é que a día de hoxe non actuaron ordenando a súa retirada cando xa foi denunciado polos veciños ante o alcalde.

Deja un comentario