+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CELEBRA ESTE DOMINGO A II REGATA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO COMO BROCHE AS DEPORTESCOLAS 2017-2018


A actividade, dirixida a alevís e benxamíns, dará comezo as 11:30 h e contará coa participación de 79 nenas e 172 nenos dun total de 21 clubs

A Deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea, presentou hoxe no Pazo Provincial a II Regata Provincial da Deputación de Pontevedra, que se celebrará este domingo na praia Pontesampaio como clausura ás Deporte Escolas de Piragüismo deste curso 2017-2018. A actividade, dirixida a alevís e benxamíns, dará comezo as 11:30 h e contará coa participación de 79 nenas e 172 nenos dun total de 21 clubs.

Durante a presentación, a deputada provincial amosou unha vez máis a súa satisfacción ao colaborar coas iniciativas e actividades deportivas da provincia destacando que “dende a institución traballamos continuamente para impulsar e apoiar todo tipo de acción deportiva, xa que é unha actividade fundamental e prioritaria para o ben da sociedade”.

As escolas de piragüismo da provincia contaron este ano coa participación de arredor de 264 alumnas e alumnos, dos que o 30% foron nenas, e 52 monitoras e monitores. Durante o 2017/2018, habilitáronse 25 escolas nos seguintes concellos da provincia: Cambados, Cangas, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Mondariz, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Deja un comentario