+034 986 09 02 04 Luns 20 de Agosto de 2018

MONDARIZ PON EN MARCHA MULTEAVENTURA, UNHA PROBA DE ORIENTACIÓN PARA MOZOS E MOZAS


Por primeira vez ponse en marcha unha iniciativa destas características para a mocidade entre 12 e 18 anos

As 19 horas do sábado 30 de xuño, dará comezo na praia fluvial do Val de Mondariz, a proba de orientación ‘MulTEAventura’, dirixida específicamente a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos. A inscrición estará aberta ata o día 26 de xuño ao prezo único de 5 €.
A proba estará dividida en dúas categorías, unha para rapaces e rapazas de 12 a 15 anos e outra para mozos e mozas de 16 a 18 anos, que terán percorridos de diferente lonxitude.
Os equipos participantes, que estarán formados por un mínimo de dúas persoas e un máximo de cinco, deberán chegar a determinados puntos seguindo pistas e amosando a súa capacidade de orientación. En cada un deses puntos intermedios, terán que realizar unha serie de probas.
As inscricións poden formalizarse na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Mondariz, co teléfono 986 66 43 06; ou nos enderezos de correo electrónico comunicacion@concellodemondariz.com ou turismo@concellodemondariz.com
O éxito acadado por ‘OrientaTEA’, proba de orientación dirixida a adultos, animou ao Concello de Mondariz a poñer en marcha este tipo de iniciativas dirixidos ao sector máis novo da poboación.
O éxito deste tipo de probas de orientación, que cada día contan con maior número de afeccionados e afeccionadas, reside en combinar probas de orientación e habilidade, ao mesmo tempo que permiten un contacto directo coa natureza, todo elo nun ambiente de diversión, o que as fai actividades, segundo subliñan os propios participantes, “tremendamente aditivas”.

Deja un comentario