+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPAVERÁN 2018


A actividade permitirá a conciliación da vida laboral e familiar nas vacacións escolares dos nenos e nenas

O Concello de Mondariz, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, vén de poñer en marcha unha nova edición de Campaverán, unha iniciativa que busca o dobre obxectivo de, por unha banda, ofrecer actividades lúdico educativas aos nenos e nenas participantes e, doutra banda permitir a conciliación da vida laboral e familiar das nais e pais en tempos de vacacións escolares.
A actividade, que abriu o prazo de inscrición o luns, 4 de xuño e que permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de xuño, está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e se desenvolverá nas instalacións do colexio de Vilar-Riofrío.
O horario será de 09:30 h a 13:30 h, se ben, de cara a facilitar a compatibilización cos horarios laborais das familias, o horario pode ser ampliado unha hora na entrega e recollida dos cativos e cativas.
O prezo é de 30 euros para 15 días, 55 euros para todo o mes e, finamente, unha cota de 100 euros para os dos meses de actividades.
Para formalizar a inscrición ou acadar máis información, as interesadas e interesados poden dirixirse á OMIX de Mondariz, na Casa do Concello, en horario de 9 h a 14 h de luns a venres. Tamén poden facelo a través do teléfono 986 664 306 ou no enderezo de correo electrónico omix@concellodemondariz.com

Deja un comentario