+034 986 09 02 04 Luns 17 de Decembro de 2018

OS EXEMPLARES CARAMUXO E PERLA I GAÑAN O CONCURSO MORFOLÓXICO CABALO PURA RAZA GALEGA DA FEIRA ABANCA SEMANA VERDE 2018


PARTICIPARON 13 EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE GALICIA

Os exemplares Caramuxo e Perla I foron, respectivamente, os gañadores das seccións de machos e femias do Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, o cal se levou a cabo  no marco da 41ª Abanca Semana Verde de Galicia.

En machos, ademais de Caramuxo, propiedade de José Fandiño Vázquez, de Cobas (Ferrol), foron recoñecidos co segundo posto, Jalisco I, de Marcelino Freire, de Oza-Cesuras (A Coruña), e co terceiro Castaño III, de Juan Fontenla, de A Estrada (Pontevedra)

En canto a femias, a gañadora, Perla I , pertence a José María Costa Blanco, de Muras (Lugo). O segundo e o terceiro posto foron, respectivamente, para Dana e Támaga, ambas de Marcelino Freire.

No concurso, organizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron 13 exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción procedentes de distinta localidades de Galicia.

O cabalo galego, protagonista doutras actividades

Ao longo da xornada de hoxe o cabalo de pura raza galega foi tamén protagonista noutras propostas do programa da feira, como unha exposición permanente de exemplares e unha exhibición de ferraxe a lume.

Xa mañá, esta raza centrará as súas actividades nunha exhibición de perruquería equina orientada á preparación de exemplares para concursos e espectáculos e tamén nunha exhibición de doma clásica de alta escola con monta antiga á amazona, organizada pola Asociación Cabalo Pura Raza Galega e ofrecida por xentileza de Gadis.

Deja un comentario