+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

VINTE E TRES BLOGUEIROS GASTRONÓMICOS E DE TURISMO PARTICIPARON HOXE NO SALÓNS SALIMAT ABANCA E TUREXPO GALICIA


OS CENTRADOS NO SECTOR ALIMENTARIO COÑECERON PRODUTOS INNOVADORES E DEGUSTARON UN MENÚ A BASE DE PRODUTOS DE COOPERATIVAS GALEGAS

O 22º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, e o VIII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, acolleron sendos encontros de blogueiros.

Así na feira alimentaria celebrouse o VI Encontro Gastroblogger, o cal contou coa presenza de once blogueiros. Acudiron María José Basanta, quen escribe o blog Laurel y Canela; Emilia Santiago, de Cousas de Milia; Viví Taboada, de Ó Carón da Lareira; Teresa Rico, de Un Momento Dulce; Alberto F. Traversa y Martina Vicente, de La Alacena Roja; Luis Domenech, de La Buena Pitanza y Galicia Gastro; María Jesús Tato, de Siguiendo a Nenalinda; María José Fernández, de Cocinando para ellos, María Victoria Morales, de Taller de Azúcar, e Manoli Díaz, de El Blog de Manoli.

Estes blogueiros comezaron percorrendo a área de innovación Alinova, que nesta edición mostra cerca de 90 anovadores produtos, para logo coñecer algunhas das propostas presentes no salón, tanto galegas como andaluzas e burgalesas. Así mesmo, participaron na sesión da Aula de Catas da Consellería do Mar denominada “Sabores da Ría: o mellor da nosa pesca artesanal”, conducida polo cociñeiros Manuel Mallón, do restaurante Remollo Espazo Gastronómico, de Ames (A Coruña).

Ao remata do encontro degustaron tamén un menú elaborado a base de produtos de cooperativas galegas, no stand do Consello Galego de Cooperativas.

Blogueiros de turismo

Por outra banda, o salóns turísticos Turexpo Galicia e Festur contaron tamén coa segunda edición do Encontro de Bloggers de Turismo, o cal incrementou considerablemente a participación nesta edición ao contar con 12 blogueiros. Así acudiron, Pablo Micky, de Galicia en Pie, Rosalía Suáres, de Demiku; Juan Luis, de Turismo Galicia, Óscar Sánchez, influencer galego; Xulio Vázquez, de Secret Galicia; Carlos Díaz e Guillermina Sogo, de Turvegal; Peny e Manu, de Relatos y Caminos; Abel e Viviana, de Cabo Norte, e Begoña Estévez, de Vigopeques.

Estes blogueiros visitaron os stands de distintos concellos galegos, como os de Ponteareas, A Cañiza, Vedra, Silleda, Neda, Burela, Alfoz-Valadouro ou os que compoñen Arousa Norte. Así mesmo, coñeceron propostas asturianas, como as de Minas de Asturias ou o Passeio de Moliceiro, de Aveiro. Tamén asistiron a un show cooking de polbo á mugardesa, organizado polo Concello de Mugardos.

Deja un comentario