+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

O GRAN MESTRE DAVID LARIÑO GAÑA O I OPEN DE XADREZ ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA


A PARTICIPACIÓN DESTE DESTACADO AXEDRECISTA DE MUROS CONVERTE XA A ESTA CITA NUN DESTADO TORNEO TANTO PARA AFECCIONADOS COMO PARA PROFESIONAIS

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal pechou as súas portas, incorporou por primeira vez ao seu programa de actividades o xadrez.

Así, celebrou ao longo de todo o día o I Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia, no cal venceu o coruñés, de Muros, David Lariño Nieto, Gran Mestre de Xadrez. Unha destacada participación que supón un éxito organizativo e que converte xa esta competición nunha destacada cita tanto para afeccionados como para profesionais deste deporte.

Ao longo do día de onte competiron algo máis de 100 xadrecistas en seis categorías distintas, as cales foron totalmente independentes e se corresponderon con Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Absoluta. Entre os participantes tamén destacou o lucense Antón Busto, creador da popular web www.tabladeflandes.es, unha das máis importantes en materia de xadrez a nivel de hispanoamérica.

O torneo, que na categoría Absoluta foi puntuable para o ranking internacional Elo FIDE, entregou medallas a todos os participantes ata Sub 14, ademais de trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Carreira Abanca Semana Verde

Por outra banda, o certame acolleu onte pola tarde a IV Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, organizada pola entidade feiral xunto coa Federación Galega de Atletismo e patrocinada por Abanca.

Na categoría absoluta masculina o podium estivo composto, de primeiro a terceiro, por Miguel Penedo Taboada, do clube 3&Run by Pedro Nimo Club de Corredores, de Brión; Akka Essaadaoui, de Club Adas Obarco, de Salceda de Caselas; e Luis Iglesias Rana, de Atletismo Arenteiro, de Leiro. No feminino conformárono Paula Mayobre González, de C.A Clínica Dental Seoane-Pampín, de Ares; Rocío Alvite Ferreiro, de Club de Atletismo Sar Vermú Petroni, de Mazaricos; e Tina Fernández, do Universidade de Santiago de Compostela, Muros.

 

En canto a clubes masculinos os tres primeiros foron, respectivamente, Atletismo Arenteiro, Club Atletismo Sar Vermú Petroni e Noitebra, este último de Santiago de Compostela. Nos femininos o primeiro posto foi para Club Atletismo O Pino, de O Pino.

Por outra banda, o atleta de maior idade foi Manuel Míllara Blanco, de Mos

Esta edición da Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia contou no total de categorías con 167 inscritos.

Deja un comentario