+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018

IMPARABLES AS FÉMINAS DA ESCOLA DE CICLISMO AVANZA


O monte Xaxán, a chuvia e o frío foron o escenario da sétima proba do calendario do mini Btt galego. Os mais de trescentos bikers achegados ata a península do Morrazo para disputar unha nova edición do TROFEO MINI BTT DE MARÍN onde o Club Ciclista Marín tiña preparado un circuíto que obrigou os pequenos bikers a poñer todos as súas habilidades para rematar unha dura e fermosa proba, onde os pequenos ciclistas tiveron que facer fronte a continuos cambios de desnivel, tendo que amosar a súa técnica para afrontar grandes desniveis de subida, e as súas habilidades no descenso tanto por obstáculos artificiais como naturais, o ter que afrontar a baixada por unhas escaleiras de madeira ou descender por riba de pequenos penedos os cales chegabas por pasarelas de madeira levadas a cabo pola organización do evento. Tanto a dureza como o beleza do circuíto viuse incrementada pola chuvia e frío constante en toda a xornada.

Onde a pesar dos grandes hándicap que presentaba a proba os pequenos integrantes da Asociación Deportiva Avanza viñéronse arriba logrando estar presentes en oito postos de podio.

Unha xornada mais sumando sete veces consecutivas as irmáns Nerea e Uxía Soto levan o mais alto do podio as cores da escola de ciclismo Avanza.

O primeiro podio chegaba de mans de Nerea Soto na categoría promesa fémina impoñerse nun circuíto de habilidade con continuas virases poñía a proba a habilidade dos pequenos bikers.

Tamén na categoría promesa pero masculina o biker Guillermo García conseguía subir o segundo posto do podio.

Para o seguinte podio teriamos que agardar ata a categoría alevín onde a biker Aroa Otero nos ven amosado unha gran evolución no transcurso de todas as probas conseguindo entrar no quinto posto de podio da categoría alevín fémina e en alevín masculino Haritz Serrano conseguía subir o terceiro posto podio.

Xa na categoría infantil e cun circuíto moi esixente Uxía Soto, que marcou un ritmo alto de carreira desde o pistoletazo de saída, conseguía subir o mais alto do podio de infantil fémina acompañada no cuarto posto pola súa compañeira da Asociación Deportiva Avanza Laura Mira

Os dous últimos podios da xornada chegaban na categoría infantil masculino da man de Andrés Valverde que conseguía cruzar o arco de meta en segunda posición acompañado no podio polo seu compañeiro de equipo Iván Fernández que despois dun espectacular adiantamento na baixada de escaleiras conseguía cruzar o arco de meta en cuarta posición.

Deja un comentario