+034 986 09 02 04 Luns 15 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN ADXUDICA CASE 2,2 MILLÓNS DE EUROS PARA O PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS


Carmela Silva salientou que este goberno é o que achega o maior orzamento destinado nunca na provincia aos servizos sociais comunitarios

A Deputación de Pontevedra adxudicou, en Xunta de Goberno, o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Son un total de 2.189.546 euros dos que se benefician 52 municipios da provincia. “É con este goberno da Deputación co que achegamos o maior orzamento destinado nunca aos servizos sociais comunitarios na provincia, e grazas a isto, os concellos poden ter a estrutura suficiente para atender de xeito adecuado os servizos sociais comunitarios”, destacou a presidenta.

O obxecto do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais é, por un lado, financiar o servizo de axuda no fogar básico, e por outro, contratar persoal técnico para os equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios. A presidenta da Deputación explicou que como novidade este ano 2018, ademais de aportar o maior investimento ata agora, tamén se financia a todos os concellos que ata este ano non contaban con técnicas e técnicos medios. “Axudamos así aos municipios que ata agora non podían prestar un servizo o máis adecuado porque non tiñan todos os recursos humanos necesarios para garantilo. Unha vez máis, a Deputación ten como eixo prioritario a equidade e que todos os concellos da provincia reciban os recursos precisos para garantir todos os dereitos e todos os servizos”, afirmou Silva.

En concreto, a través deste perfil de técnicos e técnicas medios, apoiase a contratación de persoal para o servizo de educación e apoio familiar dos concellos que ata agora non contaban con este servizo básico. Trátase dos municipios de Fornelos de Montes, Mondariz Balneario, Oia, Soutomaior, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Moraña e Pazos de Borbén.

Máis polo miúdo, a comarca da Paradanta recibe un total de 119.674,16€, que se reparten entre os municipios de Arbo (17.213,78 €), A Cañiza (44.287,50 €), Covelo (32.335 €) e Crecente (25.837,38 €). O Condado recibirá 153.913,7 euros, que se distribúen entre Mondariz (52.027 €), Mondariz-Balneario (22.697,2 €), As Neves (26.666,5 €) e Salvaterra de Miño (52.523 €).

Ao Baixo Miño chegan 208.836,83 euros, que se reparten entre A Guarda (59.866,12 €), Oia (25.541,24 €), O Rosal (27.847,29 €), Tomiño (59.042 €) e Tui (36.540,18 €).

O Val Miñor recibe 168.670 euros, que van para Baiona (51.106 €), Gondomar (55.050 €) e Nigrán (62.514 €).

A comarca do Deza percibe 209.855,18 euros, que se reparten entre Agolada (46.581,06 €), Dozón (30.308,48 €), Rodeiro (22.832,32 €), Silleda (60.847,71 €) e Vila de Cruces (49.285 €).

Tabeirós-Terra de Montes recibe 90.517,21 euros entre Cerdedo-Cotobade (55.482,57 €) e Forcarei (35.034,64 €).

A comarca de Vigo recibe 269.838,69 euros, que se repartirán entre Fornelo de Montes (22.343,4 €), Mos (65.851,24 €), O Porriño (67.907 €), Pazos de Borbén (24.094,05 €), Salceda de Caselas (59.434 €) e Soutomaior (30.209 €).

O Morrazo recibe 132.457 euros, que se repartirán entre Bueu (51.786 €), e Moaña (80.671 €).

O Salnés recibe 457.968,76 euros, que se repartirán entre Cambados (46.623,50 €), Catoira (21.337 €), O Grove (50.189,79€), A Illa de Arousa (21.014,50 €), Meaño (55.042 €), Meis (31.224,86 €), Pontecesures (14.160 €), Ribadumia (29.296,63 €), Sanxenxo (62.202 €), Valga (43.939 €), e Vilanova de Arousa (82.939,48 €).

Por último, a comarca de Pontevedra recibe 377.797,03 euros, que se repartirán entre Barro (31.591,27 €), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (23.275,79 €), Cuntis (37.469 €), A Lama (29.786,64 €), Moraña (23.577 €), Poio (89.618,33 €), Ponte Caldelas (40.917 €), Portas (29.806,5 €) e Vilaboa (20.866,5 €)

Deja un comentario