+034 986 09 02 04 Martes 18 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE BUEU ORGANIZOU ESTE SÁBADO A ÚLTIMA ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO


Un grupo de cincuenta persoas de Bueu completaron este sábado a última etapa do Camiño de Santiago realizado en diversos roteiros. A iniciativa foi posta en marcha pola concellaría de deportes e comprendeu cinco etapas do coñecido como “Camiño Portugués”: o 7 de abril percorreron Porriño – Redondela, o 21 de abril seguiron por Redondela – Pontevedra, o 5 de maio por Pontevedra – Caldas de Reis, o 26 de maio por Caldas de Reis – Padrón e este sábado dende Padrón ata a capital galega, nunha xornada pasada por auga.
Para a realizaron dos diversos roteiros, o Concello puxo a disposición dos e das participantes un autobús encargado de realizar o percorrido dende Bueu ao lugar de orixe da etapa, e con regreso a Bueu dende o punto final de cada etapa.
O concelleiro de deportes, Manolo Otero, salientou que “foi unha bonita forma para realizar exercicio e coñecer paisaxes e zonas con encanto pertencentes á nosa comunidade”. Así mesmo, avanzou que dende o departamento xa están pensando en futuros proxectos deportivos.

Deja un comentario