+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018

BAIONA, PRIMEIRA PARADA DE ‘UN CHEF EN EL RURAL’


Posta en marcha ao amparo da Escola Yo Rural, trátase dunha demostración gastronómica a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez para poñer en valor os produtos da terra. Entrada gratuíta ata completar aforamento

Poñer en valor os produtos da terra dunha maneira dinámica e atractivo. Ese é o obxectivo do proxecto ‘Un chef en el rural’, unha nova iniciativa de difusión da, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, que arrinca este xoves 14 de xuño en Baiona e que percorrerá cinco concellos do territorio ao longo deste mes.
Os Xardíns do Museo da Navegación de Baiona acollerá a partir das 12.30 h unha demostración culinaria a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez no que tradición e innovación mesturaranse para elaborar menús e pratos adaptados ás peculiaridades do concello baionés. É unha iniciativa que busca dar a coñecer os produtos da contorna e sacarlles rendemento aos alimentos locais.
Entrada gratuíta
O público poderá asistir a esta demostración gastronómica e a todas as que se realicen ao longo do mes gratuíto, con entrada libre ata completar aforamento. O Mercado Municipal de Tomiño será a seguinte parada de ‘Un chef no rural’, onde chegará este sábado 16 de xuño ás 12.00 horas. Despois, Iván Méndez visitará cos seus escollidos menús a Praza do Concello de Redondela (venres 22 de xuño ás 19.30 horas) e o Pazo de Mos, concello no que tivo que atrasarse a demostración e trasladala para o sábado 23 de xuño ás 12.00 horas polas malas condicións meteorolóxicas. O chef pechará a súa cociña na Praza de San Fernando de Tui o venres 29 de xuño ás 20.00 horas.
Este proxecto nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas e informativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abarca aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.
Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola información e formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación.

Deja un comentario