+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

SOS porriño reuniu máis de 10 toneladas de alimentos o pasado Nadal


O alcalde de Porriño, Nelson Santos, e a concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, queren agradecer novamente a colaboración das diferentes entidades e colectivos do noso municipio, así como a todas e cada unha das persoas que quixeron axudar cunha pequena, mediana ou grande achega aos veciños máis necesitados

Unha vez máis, os veciños de Porriño se envorcaron por completo coas familias máis desfavorecidas do noso municipio e mostraron a súa xenerosidade colaborando coas diferentes iniciativas leváronse a cabo durante a época do Nadal. Nesta ocasión, á iniciativa do Concello, sumouse á solidariedade de asociacións, entidades de carácter social e cultural, clubs deportivos, comunidades de montes ou empresas privadas, así como de diferentes centros educativos do noso municipio e unha encomiable resposta cidadá, conseguindo reunir máis de 10 toneladas de alimentos non perecedoiros.
A xenerosidade dos porriñeses serviu para axudar a familias necesitadas do municipio usuarias do programa municipal de alimentos SOS Porriño.
A través de diferentes eventos deportivos como as Olimpíadas Solidarias ou o I Torneo Solidario de Fútbol Sala; ou iniciativas de carácter cultural, como o Festival Musical Solidario ou a XII Mostra de Rondallas, cuxo único requisito de inscrición era achegar un quilo de alimentos non perecedoiros; SOS Porriño conseguiu que as súas máis de 300 familias usuarias puidesen gozar destas datas tan sinaladas.
Así mesmo, a solidariedade chegou tamén dende sector privado, a través da doazón de lotes de alimentos por parte de diferentes empresas.
“A rúa acendida”, unha iniciativa de 71 establecementos comerciais do noso municipio conseguiu reunir unha importante cantidade de alimentos ademais de xoguetes que foron distribuídos posteriormente dende os Servizos Sociais do Concello de Porriño. Do mesmo modo o fixo a Academia Bastón, a través dunha Gala de Playback Benéfica.
Por segundo ano consecutivo a cafetaría “Paso a Nivel” repartiu 200 ceas de xeito gratuíto, unha loable iniciativa grazas á cal, moitas familias puideron gozar dunha bonita cea de Nochebuenaindependentemente da súa situación económica.
Comunidades de montes, ANPAS dos colexios e os propios centros escolares, cunha campaña de recollida de leite, alimento de demanda constante no programa de alimentos, puxeron tamén o seu granito de area.
A colaboración dos veciños do municipio quedou patente tamén na recollida que se realizou nos supermercados da localidade, ou na encomiable resposta dos asistentes á sesión Dj que incluía a programación do “Fin de ano Farrapeiro”.
O alcalde de Porriño, Nelson Santos, e a concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, queren agradecer novamente a colaboración das diferentes entidades e colectivos do noso municipio, así como a todas e cada unha das persoas que quixeron axudar cunha pequena, mediana ou grande achega aos veciños máis necesitados.

Deja un comentario