+034 986 09 02 04 Martes 18 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

AS OBRAS DA DEPUTACIÓN PARA CREAR O ACCESO PEONIL AO NOVO INSTITUTO DE SOUTOMAIOR INTERESAN A 26 EMPRESAS


O departamento de Mobilidade xa está a ultimar o informe técnico sobre as propostas presentadas

As obras que o departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra para mellorar o acceso peonil ao novo instituto de Soutomaior veñen de interesar a 26 empresas. Segundo informa o deputado Uxío Benítez, logo de pechar o prazo de presentación de propostas, o persoal técnico xa está a ultimar o informe técnico para abrir canto antes as ofertas económicas, proceder á súa adxudicación, e iniciar as obras no prazo máis breve de tempo posible.

O deputado Uxío Benítez lembrou que as obras de Soutomaior foron as primeiras que se tramitaron na institución provincial seguindo a nova Lei de Contratos, coa presentación de ofertas vía telemática a través da plataforma ‘Vortal’. Subliñou que a pesar de que estrear o modelo de contratación non foi fácil estase a traballar para apurar prazos por parte tanto do departamento de Contratación como de Mobilidade co fin de iniciar o curso coa obra rematada.

As obras para mellorar o acceso peonil ao novo instituto na EP-2908 foron obxecto de convenio entre a Deputación e o Concello. Teñen un orzamento total de 176.191,46 euros que chegarán no 70% da institución provincial e no 30% do goberno local.

Os traballos consisten na construción dunha nova senda peonil de 2,5 metros de largo e 205 metros de lonxitude na marxe dereita da estrada, conectando o último treito de beirarrúa existente na EP-2908 co novo IES. Instalaranse redutores físicos de velocidade de vehículos e mellorarase a iluminación. Grazas a esta actuación o centro educativo tamén contará cunha nova conexión de saneamento, xa que aproveitando a obra da senda peonil instalaranse tubaxes e un bombeo para unir o edificio co sistema xeral de Arcade.

Deja un comentario