+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

UNHA MAÑÁ PARA COMPARTIR MOMENTOS CON MAIORES E PEQUENOS NA CASA DO POBO DE BELUSO


O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de educación, Teresa López, asistiron este martes a unha representación teatral realizada polo alumnado de 3º de primaria do CEIP Montemogos e que tivo como público ás persoas maiores participantes nos talleres de memoria que se celebran todo o ano na Casa do Pobo de Beluso.
Os nenos e nenas interpretaron unha pequena obra titulada “A figueira de Pelostortos”, e a continuación entregaron os exemplares do Faro da Escola, tanto ao alcalde e concelleira como ás persoas maiores.
No acto, o alcalde declarou que “sempre me enche de felicidade compartir un anaco do meu tempo coa rapazada e cos nosos maiores”, e animou ao profesorado do centro a seguir colaborando nestes proxectos “ilusionantes”. De feito, fai uns meses o alumnado tamén visitara ao goberno local para solicitarlle a instalación dun ‘bando máis bonito do mundo’ en Cabo Udra, o cal se inaugurará este domingo durante a celebración do III Cross Popular.

Deja un comentario