+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

ENCONTRO DE CORAIS


Arbo a 15 de xuño de 2018- A Coral Polifonica de Arbo, organiza coa colaboración do Concello de Arbo, o I Encontro de Corais

A actividade terá lugar o vindeiro domingo día 17 de xuño ás 19.00horas no Auditorio Segundo Gil Davila. As Corais participantes ademáis da Coral de Arbo, organizadora do evento, é a Coral Polifónica San Roque de Vigo e a Coral Polifonica Municipal de Monforte.

A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996,coa finalidade de contribuír a difusión do canto tradicional e popular na súa mais pura esencia, creando un vencello de unión con outros pobos e outras culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo, o cal esta Coral representa dentro da súa humildade coa maior satisfación. Esta composta por 35 voces mixtas. Son moitos os certames nos que participaron e premios acadados. A Coral Polifonica de Arbo, acaba de participar na VI Muestra de Habaneras de Arevalo, organizado pola Coral “La Moraña.

Con este evento pretendese achegar aos vecinos e veciñas de Arbo, e o publico en Xeral, a esta cultura musical polifónica, así como, ás corais invitadas que coñezan o Concello de Arbo e os seus encantos.

Deja un comentario