+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

MONDARIZ ACOLLE, O 14 DE XULLO, O ‘DESAFÍO MONDARIZ RACE’ PARA NENOS E NENAS


Será a primeira carreira de obstáculos que se organiza en Galicia para a franxa de idade dos 4 a 18 anos

A praia do Val de Mondariz e o sendeiro fluvial, acollerán o vindeiro 14 de xullo, o ‘Desafío Mondariz Race’, unha carreira de obstáculos dirixida a nenos, nenas, mozos e mozas con idades comprendidas entre os 4 e 18 anos. Será a primeira proba destas características que se organiza en Galicia para esa franxa de idade.
Organizado por Diesemm Eventos e coa colaboración do Concello de Mondariz e Deputación Provincial de Pontevedra, este tipo de actividades ─coñecidas como jump and run (salta e corre)─ contan cunha grande aceptación nos lugares onde se celebran, xa que combinan o deporte e a diversión, con probas adaptadas para as franxas de idade dos e das participantes.
Para esta primeiro ‘Desafío Mondariz Race’, a organización vén de establecer as seguintes categorías:
Biberón, para nenos e nenas de 4 e 5 anos de idade, que terán que superar entre 6 e 8 obstáculos nun percorrido de 500 metros; prebenxamíns, para aqueles e aquelas con idades de 6 e 7 anos, con 800 metros de percorrido e de 6 a 8 obstáculos; benxamíns, para as idades de 8 e 9 anos, cun percorrido de 1,000 metros e 8-10 obstáculos.
Doutra banda, a categoría de alevíns, nenos e nenas de 10 e 11 anos e de infantis, para participantes con 12 e 13 anos de idade, terán o mesmo circuíto de 1.500 metros e de 10 a 12 obstáculos que salvar.
Os e as cadetes, (14 e 15 anos)terán que facer fronte a un percorrido de 2.000 metros e salvar de 12 a 16 obstáculos e, finalmente, a categoría de xuvenís, na que competirán mozos e mozas con idades de16, 17 e 18 anos, terán que afrontar entre 15 e 20 obstáculos nun circuíto que pode variar entre os 2.000 e 3.000 metros.
Os e as participantes inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros de responsabilidade civil y accidentes e, amais, a seguridade dos máis pequenos estará garantida xa que cada participante levará unha pulseira identificativa co seu número e dorsal, e as nais, pais ou persoas responsables dos menores, levarán unha pulseira igual co número que lle corresponda ao neno o nenas, que será imprescindible para a recollida dos menores na meta.
Para máis información sobre a proba e para realizar a inscrición, interesados e interesadas poden dirixirse á web:
https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1494/desafio-mondariz-race-2018

Deja un comentario