+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Xullo de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

“CONECTADAS 2018”, O PROGRAMA DE IGUALDADE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ARRANCOU ESTA TARDE EN LALÍN CUN CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO


O deputado Javier Dios acudiu ao primeiro obradoiro no que participan 15 mulleres da Asociación Laxeiro. No ano 2017, 5500 persoas da provincia participaron en “Conectadas”

O deputado Javier Dios acudiu esta tarde en Lalín ao primeiro obradoiro do programa de igualdade da Deputación de Pontevedra, “Conectadas 2018”. Deste xeito, a terceira edición deste programa arrancou na vila do Deza cun curso de “Ximnasia de Mantenemento”, que será de 35 horas e impartirase os mércores de 18.15h a 19.15h. A esta acción formativa asistirán 15 mulleres da Asociación de Amas de Casa Laxeiro

“Conectadas 2018” é o programa destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento das mulleres, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes”.

Esta terceira edición conta cun orzamento de 324.000 euros e vanse desenvolver 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e cultura: Artes Visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma” e “Coidados persoais”.

No ano 2017 beneficiáronse de “Conectadas” un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo que preto de 5.500 persoas participantes.

Deja un comentario