+034 986 09 02 04 Martes 13 de Novembro de 2018

VII EXPOSICIÓN DE CANS – VI XORNADA GASTRONÓMICA DO XABARÍN


 

O Concello de Arbo, organiza o vindeiro 17 de xuño no Campo da Telleira de Arbo, coa colaboración da Sociedade de cazadores Santa Barbara das Neves-Arbo, a Feira de Cans, dende ás 9.00horas ata ás 14.00horas que se fara entrega de trofeos os mellores cans. Con este evento se pretende formentar esta modalidade deportiva e que contribúe á promoción turística e económica do municipio, sendo o único destas características que se celebra en noso termino municipal e que esta tendo unha gran participación e aceptación por parte dos veciños do municipio de Arbo e dos limítrofes.

Este acto tamén busca a celebración de lecer e de reunión que favorece un intercambio cultural e social neste ámbito.

Durante a xornada realízanse exposicións abertas ao público como exposción de cans de caza de diferentes razas, camadas de cans e rehalas, exposición de aves de cetrería e de ser posible algunha exhibición das mesmas, exposición e practicas de tiro con arco, exhibición de cans de parada e cans de agility. Do mesmo xeito degústase xabaril gratuíto no recinto da Carballeira.

Departamento de Comunicación do Concello de Arbo

 

Deja un comentario