+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

MONDARIZ INICIA OS TRABALLOS PREVIOS Á APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL


As instalacións estarán abertas ao público entre o 1 de xullo e 31 de agosto, datas nas que tamén se desenvolverán os cursiños de natación para nenos e adultos
O Concello de Mondariz vén de iniciar os traballos previos á apertura da piscina municipal de cara a que esta instalación, que ten unha alta demanda nos meses estivais, estea en perfectas condicións tanto hixiénicas como de mantemento, para goce de todos os usuarios e usuarias.
As instalacións, que abrirán as súas portas entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, están a ser obxecto do preceptivo tratamento da auga para garantir as condicións hixiénicas da mesma mentres que, doutra banda, procedese a limpeza e acondicionamento integral de toda a instalación.
Doutra banda o Concello ten en marcha o proceso de contratación de socorristas que garantan a seguridade de todos os usuarios e usuarias destas instalacións municipais.
Cursos de natación
Na piscina municipal de Mondariz, tamén se desenvolverán os cursos de natación para os que xa está aberta a inscrición. As clases, tanto para adultos como para nenos e nenas, desenvolveranse os luns, mércores e venres, a partir das 11 horas, entre o 1 de xullo e 31 de agosto.
O prezo será de 24 euros para as persoas adultas, e 19 euros para os nenos e nenas. A matrícula terá un custe de 5 euros.
Para máis información ou para inscricións, os interesados e interesadas poden dirixirse ao teléfono 615 014 758

Deja un comentario