+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018

CAMPAMENTO DE VERÁN NO CONCELLO DE ARBO


Un ano máis o Concello de Arbo, organiza durante os meses de xullo e agosto e comprendido dentro do Verán Cultural organizado por esta institución o campamento de Verán que se iniciara o vindeiro luns 2 de xullo e rematará o 31 de agosto.

O Campamento de Verán é para nenas/os de 3 anos (xa cumpridos) a 13 anos máximo (a cumprir neste ano)
• Horario: 9.00/10.00 h ata ás 13.00/14.00 h de luns a venres
• Lugar de concentración: C.E.I.P “Antonio Carpintero”
• As taxas a pagar serán as seguintes:
• A cota para o neno/a por quincena será …………………………..20 €
• Unha cota para o seguro de accidentes (a determinar).
As bonificacións fiscais son:
• Da taxa por quincena realizarase un redución cando se asista cun irmán/á resultando una bonificación do 50 %; e haberá exención para terceiros e sucesivos.
• Non se aplicará ningunha taxa cando ambos pais se atopen nunha situación de desemprego (achegarase documentación acreditativa).

As prazas ocuparanse por rigorosa orde de inscrición.
Para inscribirse e para calquera consulta dirixirse o Concello de Arbo ou chamar o 986 665 000

Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, durante estos meses os nenos da nosa vila realizan actividades ludicas, de ocio e deportivas encamiñadas a unha forma de conciliación laboral – familiar durante os meses de vacaciones dos centros educativos.

Deja un comentario