+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Xullo de 2018

COMEZAN AS OBRAS DA URBANIZACIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE


Nestes días veñen de dar comezo en Salceda as obras de urbanización do acceso ao novo Centro de Saúde, na rúa Mártires de Sobredo, adxudicadas á empresa FECHI tras un proceso ao que concurriron once empresas.
O proxecto, redactado polo arquitecto Santiago López Fontán, ascende a un total de 192.712,55€ ive incluído, financiados con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, e prevé un prazo de execución de catro meses. Ademáis da urbanización do acceso ao novo Centro de Saúde, esta obra suporá a creación dunha nova zona verde de 4.164, 67 m2 frente ao edificio.
O Concello de Salceda de Caselas segue así a dar cumprimento á súa parte, cumprindo co compromiso de executar as obras de urbanización agardando que ao mesmo tempo o SERGAS realice as obras de construción do novo edificio, que neste momento está no proceso de licitación. O SERGAS conta dende o pasado 20 de outubro coa licenza urbanística do Concello, polo que poderá empezar as obras en canto remate o proceso de licitación.
O novo edificio contará con unha superficie total de 1.321,11 m2, dividida en dúas plantas, aos que hai que sumar 168 m2 de espazos exteriores descubertos. A nova instalación albergará dúas consultas de pediatría, unha consulta de enfermería de pediatría, 5 consultas de medicina xeral con cadansúa consulta de enfermería anexa e unha consulta de matrona.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a cumprir os nosos compromisos con Salceda, e seguimos a facelo con transparencia e coas máximas garantías. Estamos ante un proxecto de gran importancia para Salceda, pois a rúa Mártires de Sobredo abre un novo espazo urbanístico que suporá a expansión do casco urbano de Salceda dun xeito organizado e ben planificado”

Deja un comentario