+034 986 09 02 04 Mércores 21 de Novembro de 2018

RECEPCIÓN ALUMNOS AMERICANOS INTERCAMBIO CO I.E.S. I PRIMEIRO DE MARZO NO CONCELLO DE BAIONA


 

 

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a Concelleira de Educación, Beatriz González, recibiron no Salón de Plenos aos 20 alumnos neoiorquinos procedentes do instituto Newark Academy, que están de intercambio desde o 15 ata o 28 de xuño co instituto I.E.S. I Primeiro de Marzo de Baiona. Os estudantes, de entre 16 e 17 anos, estudantes de español, acudiron acompañados doutra vintena de alumnos e alumnas baioneses, da directora do centro, María Luisa Bo, e os coordinadores do programa de inmersión lingüística do Primeiro de Marzo, Piedad García e Marcos Lago, e Mª Teresa Mc Neillgn coordinadora do Newark Academy.
Rodal explicoulles tamén a historia do ‘ Scarlet Knight’, o primeiro robot submarino non tripulado que realiza tal proeza de atravesar o Océano Atlántico. O seu obxectivo era solicitar información para o estudo dos océanos. O planeador submarino chegou a Baiona tras unha odisea de 225 días, nos que percorreu case 7.500 quilómetros. Atravesou o Océano Atlántico sen motor desde Nova Jersey ata Baiona, utilizando só a enerxía das súas baterías e aproveitando as correntes de auga. Os estudantes mostráronse moi sorprendidos coa historia.
Ademais, Rodal e González, intercambiaron impresións cos alumnos quen animou a coñecer a idiosincrasia e todos os aspectos turísticos, culturais, etc. que ofrece o municipio. Os estudantes, atópanse estes días convivindo nas diferentes familias que participan no programa de intercambio impulsado e fomentado polo instituto baionés.
Os alumnos chegaron a Baiona o pasado día 15. Os escolares están a gozar dun completo itinerario por todo o municipio e arredores ata o próximo 28 de xuño. Visitarán Soutomaior, Ourense, Santiago, Ría de Arousa e O Grove e ata farán unha etapa do Camiño de Santiago (O Cebreiro- Triacastela).

Os estudantes americanos están a convivir en casas de familias baionesas e o próximo 6 de setembro e ata o 20 dese mes será a quenda do alumnado baionés de 1º de Bacharelato, que viaxará ata Nova York, onde serán acollidos por familias outorgándolle a oportunidade de coñecer a coidade a todos os niveis tanto social como educativo, cultural e turístico.
Esta enriquecedora iniciativa permite que os alumnos baioneses nútranse dun importante intercambio de culturas, tradicións e costumes, poñendo en práctica o idioma inglés.

Deja un comentario