+034 986 09 02 04 Luns 19 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O ALUMNADO E PROFESORADO DO COLEXIO LA INMACULADA VISITARON AS INTALACIÓNS DA ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN


As nenas e nenos do colexio La Inmaculada de Marín, coa compañía do profesorado, puideron coñecer de primeira man o traballo que se fai na Escola

A deputada de emprego, Montserrat Magallanes, recibiu na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra a visita das nenas e nenos do colexio La Inmaculada de Marín. Tanto o alumnado coma o profesorado que asistiu puideron coñecer de primeira man os traballos que os alumnos e alumnas da Escola de Cantería desenvolven o longo do ano e as experiencias de colaboración que teñen en diferentes países do mundo.

Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola de Cantería son eminentemente prácticos, por iso as saídas e visitas de estudos forman parte integral do proxecto educativo do centro. Froito desta formación práctica, moitas das obras de arte, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas, que levan a cabo as alumnas e alumnos están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están a traballar na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como a desenvolver actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago ou Westminster en Londres e de construción da Sagrada Familia de Barcelona.

Deja un comentario