+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

A XUNTA DE GALICIA LICITA A EXECUCIÓN DA SENDA PETAONAL E CICLISTA NA ZONA DE SANTA MARTA, EN BAIONA, CUNHA IVERSIÓN DE MÁIS DE 542.000 EUROS


Baiona, 20 de xuño de 2018.- A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, vén de licitar a obra de execución da senda peonil e ciclista da PO-552, ao seu paso polo termo municipal de Baiona, no treito de Santa Marta, cun investimento de 542.353,61 euros. Unha obra que foi presentada esta mañá polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde desta localidade pontevedresa, Ángel Rodal.
Fai falta lembrar que esta actuación foi seleccionada no “Estudo para fomento da mobilidade sustentable: Senllas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo” e estaba previsto cofinanciala con Fondos Feder. A pesar de que nun primeiro momento redactouse unha solución que se executaría sobre un recheo, o informe desfavorable da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, obrigou a redactar un novo proxecto contemplando unha pasarela. Unha modificación que elevou considerablemente cústeo desta obra e que derivou na determinación de financiala con fondos propios e non con fondos europeos, tal e como estaba previsto.
O proxecto define unha actuación localizada entre o pq. 15+050 e pq. 15+300. Neste tramo existe unha pasarela de madeira que, por mor das condicións meteorolóxicas ha sufrido danos en diversas ocasións polo que o obxecto do proxecto é a súa reparación. Concretamente abarca os pq. 15+110 e 15+280 e, en substitución, colocarase unha noticia de madeira de 4,5 metros fronte aos 3 actuais.
Segundo explicou o representante autonómico, nos 60 metros anteriores á pasarela está previsto unha lixeira ampliación do ancho existente ata os 4,5 metros, reducindo para ilo a zona axardinada. Alargarase, apuntou López-Chaves, a zona destinada ao tránsito peonil mediante lastra de formigón e habilitarase unha banda diferenciada de 2 metros para a circulación de ciclistas.
Xa no último tramo, na transición entre a pasarela e o paseo actual, a zona destinada á circulación de ciclistas sinalarase cun tratamento superficial, co obxectivo de diferenciala da correspondente ao tránsito peonil.
As empresas interesadas na execución destas actuacións, que contan cun prazo de execución de 3 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 16 de xullo. Na seguinte ligazón pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https:// goo. gl/ Nppukd
Segundo indicou López-Chaves, a Xunta está a executar este tipo de actuacións co fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiáns andando ou en bicicleta dunha maneira segura. Neste sentido, lembrou que a Axencia Galega de Infraestruturas executará na comarca de Vigo, ao amparo do Plan de Senllas de Galicia, aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros.

Deja un comentario